¡Benvido!

¡Ábrese o Banco do Tempo!
¡Entra e coñeceo!
¿Qué precisas? ¿Qué nos podes aportar? Mostra as túas virtudes.

"So a propia e persoal experiencia fai a persoa sabia"

19 de noviembre de 2010

¿Qué é o Banco do Tempo?

BANCO DO TEMPO DE TEO



O banco do tempo é un sistema de intercambio de servizos por tempo. Nel a unidade de intercambio non son os cartos, senon as horas.
A idea é crear un novo tipo de cartos para pagar á xente polo que precisa, valorando as contribucións por igual e sacándolle proveito ás habilidades das persoas, con unha hora equivalente a un servizo de crédito.
Os créditos de tempo son depositados nun banco de tempo. Poden ser gastados en calquer momento, no servizo que cadaquén precise e queira. Estos servizos serán ofertados polos demáis usuarios.
Favorece a conciliación, o grao de conexión entre persoas, solución de necesidades e fomenta a autoestima.
Canto maior sexa o crédito de tempo circulando e canta máis xente comparta o seu tempo e os seus talentos, máis rica se convertirá a comunidade. Os coidados e a cooperación se convirten na forza motriz para o intercambio social.

No hay comentarios:

Publicar un comentario