BANCO DO TEMPO DE TEO
O banco do tempo é un sistema de intercambio de servizos por tempo. Nel a unidade de intercambio non son os cartos, senon as horas.
A idea é crear un novo tipo de cartos para pagar á xente polo que precisa, valorando as contribucións por igual e sacándolle proveito ás habilidades das persoas, con unha hora equivalente a un servizo de crédito.
Os créditos de tempo son depositados nun banco de tempo. Poden ser gastados en calquer momento, no servizo que cadaquén precise e queira. Estos servizos serán ofertados polos demáis usuarios.
Favorece a conciliación, o grao de conexión entre persoas, solución de necesidades e fomenta a autoestima.
Canto maior sexa o crédito de tempo circulando e canta máis xente comparta o seu tempo e os seus talentos, máis rica se convertirá a comunidade. Os coidados e a cooperación se convirten na forza motriz para o intercambio social.
No hay comentarios:
Publicar un comentario