¡Benvido!

¡Ábrese o Banco do Tempo!
¡Entra e coñeceo!
¿Qué precisas? ¿Qué nos podes aportar? Mostra as túas virtudes.

"So a propia e persoal experiencia fai a persoa sabia"

19 de noviembre de 2010

Requisitos

1.  Entrevista persoal: na entrevista, recolleranse os datos persoais de cada usuario e farase un pequeno estudio social da persoa.
A entrevista non compromete a nada, pódese pedir información sen máis.
Explicarase en qué consiste participar no banco, resolveranse todas as dúbidas e o funcionamento.
Cada persoa comentaralle ó xestor cales son as súas demandas e as súas ofertas.
2. Leer a carta de adhesión: dereitos e deberes.
3. Firmar o compromiso: o compromiso é un documento no que a persoa se responsabiliza e se implica no proxecto, sendo ela a que propoña as súas ofertas e cando se de o caso, ensinarlle o demandante.
4. Comunicar os intercambios: cando comenze o troco, a persoa ten que avisar o secretario do banco do tempo para que o rexistre. Cada usuario terá un nº de socio e un talonario, para contabilizar as horas recibidas e as dadas.
5. Solucionar conflictos: no caso de que haxa conflicto, débese solucionar inmediatamente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario