¡Benvido!

¡Ábrese o Banco do Tempo!
¡Entra e coñeceo!
¿Qué precisas? ¿Qué nos podes aportar? Mostra as túas virtudes.

"So a propia e persoal experiencia fai a persoa sabia"

15 de diciembre de 2010

Novos Servizos Ofertados.

Realización de todo tipo de trámites administrativos coa Seguridade Social.

Estás interesada/o? achégate e cóntanos qué podes ofrecer a cambio. Lembra que unha hora que ofrezas é unha hora que gañas!

24 de noviembre de 2010

22 de noviembre de 2010

Catálogo de Recursos

Atención a persoas:
- Atención a persoas con minusvalía ou discapacidade
- Atención a persoas maiores
-Recados
Tarefas domésticas:
- Cociña
- Costura
- Pasar o ferro                  
Reparación no fogar:             
- Traballos de xardinería

- Pintura

- Tarefas de albanelería
- Tarefas de carpintería

- Tarefas de electricidade

- Pequenas reparacións e bricolaxe
Benestar:
-Ioga, Tai-Chi, meditación...

-Terapias complementarias, de relaxación

- Acupuntura
- Dieta, nutrición, naturopatía...
- Masaxes
 Exercicio físico:
- Actividade física, salir a correr, ximnasia
- Ir a nadar         
- Capoeira          
 Asesoría e orientación:
- Asesoramento en viaxes (vacacións, estudios, negocios...)
- Asesoramento para redactar o curriculum vitae
- Asesoramento legal
- Asesoría contable
 - Outras…
Acompañante:
- Visitas a casa

- Axuda con trámites

- Realizar chamadas telefónicas

- Salir, pasear, ir á praia, actividades culturais
Transporte e axuda en desprazamentos:
- Recados e compras

- Local

- Fora do Municipio
Ocio  e diversión:
- Pinchar música

- Malabares (pelotas, palos chinos, diábolo…
- Libros e vídeos

- Baile
- Paseos en bici
- Excursións ao monte
- Arte, artesanía e música
- Manualidades
- Fotografía e vídeos

- Pintura, debuxo, escultura, teatro, poesía…
- Percusión
Informática:                                     
- Clases de informática
- Instalar software
- Ayuda na reparación e montaxe de ordenadores
- Pasar textos a ordenador
- Montaxes fotográficos ou vídeos
 Idiomas:
- Clases de idiomas
- Conversación en idiomas
- Traduccións
- Intérprete de idiomas

LEXISLACIÓN

1.  Lei 2/2007, do 28 de marzo, do Traballo en Igualdade das Mulleres de Galicia (Título VI. Capítulo I.Arts.43-46)
2.  Decreto 182/2008, do 31 de xullo, polo que se establece a promoción autonómica das medidas municipais de conciliación e se determinan os requisitos para a súa validación e funcionamento, nos termos establecidos na Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia.
3.  Orde do 21 de maio de 2010 pola que se convocan para o exercicio do ano 2010 as subvencións destinadas ás entidades locais para a implantación e o desenvolvemento de bancos municipais de tempo, plans de programación do tempo da cidade e/ou outras medidas municipais de conciliación.

CARTA DE ADHESIÓN

  • Fecha da 1ª entrevista
  • Nº de adscrición
  • Talonario
  • Datos personais
  • Servizos:

Oferta
Demanda















L
M
X
J
V
S
D
MAÑÁ







TARDE







NOITE









MESES
X
F
M
A
M
X
XU
A
S
O
N
D













  
  • Dereitos e Obrigas:

Dereitos dos socios:
Todos os socios do Banco do Tiempo teñen dereito a:
Ser tratados con dignidade, coidado e respecto.
Recibir o crédito necesario polas horas proporcionadas.
Poder gastar o seu crédito en servicios ofertados por outros usuarios.
Manter a privacidade e a  confidencialidade que desexe.
Ser valorado.
Ser tratado xustamente.

Obrigas dos socios: 
Todos os socios do Banco do Tempo teñen a  obriga de:
Respectar a privacidade e a confidencialidade dos outros usuarios.
Ser respetuosos cos horarios.
Avisar á secretaría cando acorden un intercambio e despois de realizalo.

CONCELLO DE TEO


Cómo chegar:

O Concello de Teo está situado a uns 15 km da capital de Galicia e sepárano das capitais provinciais 87 km (A Coruña), 146 km (Lugo) e 115 km (Ourense).
Quen queira achegarse a este concello da comarca de Santiago pode facelo por estrada, a través de dúas vías. Por un lado temos a N-550 que une A Coruña e Tui e pasa polo noroeste do concello, establecendo comunicación entre Santiago e Padrón. Tamén podemos achegarnos a Teo a través da AC-841, que une Santiago e A Estrada e cruza o concello de norte a sur. Teo tamén o cruza a autopista A-9, que une as cidades da Coruña e Vigo.

A autoestrada AG-56, alternativa á AC-841, une Santiago-A Ramallosa.

Até Teo podemos chegar tamén en transporte público, utilizando a liña de autobús que une Santiago-Milladoiro-Solláns-Luou e Casal de Reis.

O aeroporto máis próximo é o de Lavacolla, en Santiago de Compostela, que se sitúa a uns 24 km da capital municipal.

Por Teo pasa tamén a liña de tren que une A Coruña e Vigo e que antigamente contaba cunha parada na estación de Osebe, hoxe xa en desuso.

 
            Mapa de carreteras de Teo

                                                Mapa de carreteras de Teo


Aquí se expoñen as demandas e ofertas que os usuarios foron rexistrando no noso banco do tempo. Poderanse añadir infinidade delas. Serve para que se queden refelxados os servizos que se prestan ou se prestaron neste concello mediante os trocos do banco do tempo. 


Acompañamento:
  • A personas maiores ó médico.
  • A personas maiores na casa.
  • A distintas actividades de ocio.
  • A discapacitados.
  • Ao necesitado.
  • A animais.
  • Saír, pasear...
Idiomas:
  • Clases de inglés.
  • Clases de francés.
  • Clases de italiano.
  • Clases de chino.
  • Conversación.
  • Clases de galego.
  • Clases de pintura.
Tarefas:
  • Levar os nenos á escola.
  • Recoller os nenos na escola.
  • Apañar a herba.
  • Instalacións.
  • Reparacións.
  • Coser.
Música:
  • Clases de solfeo.
  • Clases de piano.
  • Clases de guitarra.
  • Clases de baile.
Traballos:
  • Pasar traballos a ordenador.
  • Pasar apuntes.
  • Imprimir.
  • Recoller información.
  • Axudar a facer deberes.
  • Traballo doméstico.

Formación:
  • Clases de internet.
  • Clases de cocina.
  • Clases de costura.
  • Tertulias.

Outros:
  • Facer recados.
  • Facer a compra.
  • Consellos no coidado de animais.
  • Traballos de xardinería.
Arte:
  • Fotografía e video.
  • Clases de pintura.
  • Clases de teatro.
Saúde:

  • Atencións médicas.
  • Axudas de enfermería.
  • Consellos de dietas.
  • Ir á farmacia.

19 de noviembre de 2010

Requisitos

1.  Entrevista persoal: na entrevista, recolleranse os datos persoais de cada usuario e farase un pequeno estudio social da persoa.
A entrevista non compromete a nada, pódese pedir información sen máis.
Explicarase en qué consiste participar no banco, resolveranse todas as dúbidas e o funcionamento.
Cada persoa comentaralle ó xestor cales son as súas demandas e as súas ofertas.
2. Leer a carta de adhesión: dereitos e deberes.
3. Firmar o compromiso: o compromiso é un documento no que a persoa se responsabiliza e se implica no proxecto, sendo ela a que propoña as súas ofertas e cando se de o caso, ensinarlle o demandante.
4. Comunicar os intercambios: cando comenze o troco, a persoa ten que avisar o secretario do banco do tempo para que o rexistre. Cada usuario terá un nº de socio e un talonario, para contabilizar as horas recibidas e as dadas.
5. Solucionar conflictos: no caso de que haxa conflicto, débese solucionar inmediatamente.

¿Qué é o Banco do Tempo?

BANCO DO TEMPO DE TEO



O banco do tempo é un sistema de intercambio de servizos por tempo. Nel a unidade de intercambio non son os cartos, senon as horas.
A idea é crear un novo tipo de cartos para pagar á xente polo que precisa, valorando as contribucións por igual e sacándolle proveito ás habilidades das persoas, con unha hora equivalente a un servizo de crédito.
Os créditos de tempo son depositados nun banco de tempo. Poden ser gastados en calquer momento, no servizo que cadaquén precise e queira. Estos servizos serán ofertados polos demáis usuarios.
Favorece a conciliación, o grao de conexión entre persoas, solución de necesidades e fomenta a autoestima.
Canto maior sexa o crédito de tempo circulando e canta máis xente comparta o seu tempo e os seus talentos, máis rica se convertirá a comunidade. Os coidados e a cooperación se convirten na forza motriz para o intercambio social.